Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Cidade da Cultura de Galicia
Edificio da Biblioteca de Galicia, 1º andar
Monte Gaiás, s/n. CP 15707
Santiago de Compostela
aemigracion@consellodacultura.gal
Tel: +34 881 995 143 | +34 881 995 148
Fondos Documentais

Unha das finalidades do Arquivo da Emigración Galega é a recuperación e salvagarda do patrimonio cultural da emigración galega, centrándose na recompilación da documentación existente, ben no seu soporte orixinal ben mediante a súa microfilmación. A súa intención é ademais constituír un centro ou banco de referencias documentais (gráficas, bibliográficas, estatísticas, sonoras, literarias e artísticas) sobre o fenómeno migratorio nas súas diversas modalidades ao longo das súas distintas etapas, indicando a localización exacta de todos os materiais para axilizar a súa consulta.

Os fondos documentais do AEG clasifícanse en:

  • Documentación de organismos oficiais españois, como as Fontes Municipais que se conservan nos concellos galegos. Localizamos as fontes que existen practicamente en todos os concellos (censos, padróns, listas de quintas, documentación relacionada con obras financiadas pola emigración, etc.). Destaca a recuperación dos chamados Libros de Emigrantes, nos que aparece o rexistro dos emigrantes dun concello durante un período de tempo e dos que contamos con copia dos libros de Dumbría, Vedra, Cervo, Lalín e Brión.
    Tamén se poden encontrar as fichas pertencentes á Delegación provincial da Coruña da Comisión Católica Española de Migraciones de gran parte dos galegos que emigraron a través deste organismo desde 1957 até os anos 70.

  • Documentación de organismos oficiais dos países receptores dos emigrantes galegos, entre as que cómpre destacar a base de datos elaborada polo Centro de Estudios Migratorios Latinoamericanos co rexistro de todos os españois que entraron polo porto de Bos Aires no período desde 1882 até 1928.

  • Documentación da colectividade emigrante galega, que comprende os fondos de moitas das sociedades galegas da emigración (tanto en América como Europa e mesmo España). Esta documentación abarca libros de actas das xuntas directivas, libros de socios, libros de contabilidade, memorias sociais, estatutos, libros de correspondencia e folletos.

  • Fondo de publicacións periódicas editadas polos galegos nos diferentes países onde se radicaron.

  • Arquivos de particulares protagonistas do fenómeno migratorio galego: fotografías familiares, epistolarios, etc. que se conservan nas familias e que serven para dar outra dimensión ao estudio das correntes migratorias.

DESTACADOS
Pontevedra//11 de decembro//Entrada libre
Especial web// Arquivo da Emigración Galega
Publicación//Clásicos da emigración//Novidade
Campaña de recollida das coleccións particulares dos nosos emigrantes
Trátase dun primeiro instrumento de descrición das publicacións conservadas polo Arquivo da Emigración Galega en diferentes soportes (papel, dixitalizadas, microfilmadas, etc.), co fin de facilitar a súa localización aos investigadores e demais interesados na temática emigratoria
Documentos, fotografías, obxectos, películas....calquera formato que recolla a historia da emigración serve. O Arquivo da Emigracion Galega recupera este patrimonio no marco dun proxecto que abre novos camiños. Agora, o Concello de Ribadeo abre unha vía permanente para documentar o legado da emigración. Neste folleto tes toda a información.
Entre Arxentina e Galicia, máis de 1600 cartas para coñecer as relacións de Seoane cos intelectuais das súas dúas patrias.
publicacions








Ver todas
Últimas NOTICIAS
10/12/2019
O Consello de Comunidades Galegas insta a poñer en marcha dúas propostas do Consello da Cultura Galega
12/11/2019
O Consello da Cultura Galega homenaxea os navegantes galegos en “Inventio mundi”
07/11/2019
Expertos destacan no Consello da Cultura Galega a profunda relación histórica coa Habana
07/11/2019
Un especial web pon en valor o labor social e cultural do Centro Galego da Habana
06/11/2019
Un congreso, unha exposición e un concerto profundan desde Santiago na conexión galega coa Habana
04/11/2019
A exposición “Os Adeuses” inaugúrase hoxe en Florida no marco dun congreso sobre hispanistas
31/10/2019
A presidenta do Consello da Cultura Galega reuniuse coa cónsul de Cuba en Galicia
18/10/2019
O Consello da Cultura Galega participou en Boal nun simposio que analiza a prensa da emigración
14/10/2019
Dispoñible na rede a versión actualizada do Repertorio da prensa galega da emigración
14/10/2019
O Consello da Cultura Galega recupera a relación histórica coa Habana no quinto centenario da súa creación

Consello da Cultura Galega en Facebook Consello da Cultura en Twitter

Identidade | Perfil do contratante | Lei de Transparencia | Aviso Legal | | Pazo de Raxoi, 2º andar - 15705 Santiago de Compostela - A Coruña. Teléfono: +34 981957202 Fax: +34 981957205