As treboadas

Trátase dunha agrupación instrumental que só existiu no sur da provincia de Pontevedra, concretamente na comarca do Baixo Miño. Xa falamos delas cando describimos o instrumento que as caracteriza: o bombo de mallada. Abonde aquí con dicir que antigamente estaban compostas por un gaiteiro acompañado dun tambor e dous destes bombos, pero co descorrer do século XX, o número de bombos incrementouse notablemente, o tambor foi substituído pola caixa e nalgúns casos dous gaiteiros forman parte da mesma treboada.

Patrocinadores e colaboradores