Xoán Ramón Marín Martínez

Naceu en 1956 na Laxe, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). É graduado en Decoración e Delinea- ción pola Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Cursou estudios musicais na mesma cidade ate 5o de frauta traveseira. Formou parte do grupo etnográfico Xaramugo e Pallamallada, gravou con diversos grupos de música tradicional, e na actualidade é membro do Orfeón Treixadura e percusionista do Grupo de música antiga Resonet. No campo da Etnografía publicou entre outros títulos: Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa e As varandas de ferro dos corredores e balcóns do Ribeiro, ambos os dous xunto con Clodio González Pérez. É membro da Xunta Reitora do Museo do Pobo Galego como representante dos socios e tamén colaborador e debuxante do mesmo museo. Actualmente é un dos máis renomeados debuxantes etnográficos de Galicia, á parte dun profundo coñecedor da nosa tradición musical.

Patrocinadores e colaboradores