Segundo a opinión dos autores que como Sachs se ocuparon de intentar dilucidar a orixe dos instrumentos musicais, moitos dos que empregan a vibración de cordas tensas entre dous puntos para emitir o son orixináronse a partir dun instrumento denominado… Ver completo
En Galicia achamos un curioso tipo de cítara con paralelos no sueste asiático321 e en África, onde estes instrumentos se fabrican desprendendo unhas finas tiras da cortiza dun tubo de cana, e separando estas primitivas cordas do tubo -cunhas pequenas pontes.
Só temos unha referencia do uso deste instrumento a través de Anxo Martínez Sanmartín quen o viu en mans dun esmoleiro nas feiras de Santiago de Compostela a mediados do século XX.