Agrupacións propias do antroido

Case todos os antroidos galegos conteñen algún tipo de elemento ruidoso. Os máis frecuentes son sen dúbida, as campás e chocas penduradas en cintos que portan as máscaras, o que sucede fundamentalmente nos antroidos da provincia de Ourense e do sur da provincia de Lugo. Pero tamén outras manifestacións propias deste tempo inclúen conxuntos musicais, caso das comparsas de charrascos na Ulla, onde o exército dos xenerais ía tamén acompañado por un grupo de requinteiros, costume que xa caeu en desuso. Nos folións de antroido da comarca de Viana (Ourense) as máscaras son precedidas por un séquito de grandes tambores, e nalgúns tamén por cornos e cornetas, caso do folión de Mormentelos (Vilariño de Conso).

Patrocinadores e colaboradores