Introdución


Por último, tede en conta que quince anos de traballo coa nosa xente non dan para coñecermos todos os instrumentos musicais do pobo galego. Estamos certamente seguros que hai máis que descoñecemos, pois non pasou aínda un ano no que non descubrísemos algunha nova especie descoñecida para nós. Pedimos desculpas antecipadas por estas ausencias.

As fontes

A nosa principal fonte de información é o traballo de campo que vimos realizando por toda Galicia e norte de Portugal. Debemos aclarar que neste traballo comprendemos Galicia en termos culturais e polo tanto facémola extensiva tamén ás áreas de lingua e cultura galegas como a zona do Eo-Navia, o Bierzo, As Portelas de Zamora e San Martín de Trebello (no Val do Ellas, Cáceres). Durante as pescudas puidemos entrevistarnos en profundidade ata agora con máis de 150 gaiteiros de idade avanzada, ademais de con moitas cantareiras, nenos e nenas e innumerables persoas que nos foron achegando a parte máis substancial da información que agora poñemos ao voso dispor. Esta fonte verte sobre nós datos de primeira man e dános información que, como moi atrás, acada os principios do século XX, de xeito que será sobre os instrumentos musicais desta centuria do que aquí trataremos principalmente, sen que iso sexa impedimento para tratarmos tamén datos históricos e iconográficos que nos permitan comprender como se formou o instrumentario que ata nós chegou. Deste xeito, no referente aos instrumentos musicais representados nas iconografías antigas, trataremos só aqueles que teñen relación directa con instrumentos que chegaron en uso ata nós, obviando unha morea de moi diversos instrumentos de corda medievais representados nos pórticos das nosas igrexas e catedrais e que xa foron estudados noutros excelentes traballos como os de José López-Calo.

A outra gran fonte deste traballo son as publicacións sobre instrumentos musicais que, desde hai xa moitos séculos, demostran o interese do home nestes aparellos de comunicación emocional. Tamén empregamos outras fontes escritas que, malia non trataren os instrumentos musicais especificamente, fan referencia a eles, ben por tratarse de obras de carácter etnográfico, ben histórico, ou ben por reflectir dalgún xeito a cultura dunha época. Dentro deste apartado caen os cancioneiros, musicais ou literarios, que forman en Galicia un corpus certamente interesante para o tema que imos tratar. Cando empreguemos os datos de calquera destas obras, citarémolos como corresponde ao longo do texto. Non entanto, imos usar neste traballo multitude de coplas tradicionais extraídas de diversas obras e citar en cada unha delas a súa procedencia incrementaría de xeito innecesario o número de referencias bibliográficas; deste xeito, decidimos engadir, debaixo de cada copla, uns corchetes que conterán o acrónimo do cancioneiro, se é preciso o número de volume e tomo, e, en último lugar, a páxina onde se acha a referida copla. Faremos isto para os seguintes cancioneiros ou coleccións de lírica popular:

• Colección de coplas de Marcial Valladares 1 [MV, páxina]

Folklore Gallego de Emilia Pardo Bazán e outros 2. [FG, páxina]

Cancionero popular gallego de José Pérez Ballesteros 3 [CPG, tomo, páxina].

Cancionero musical de Galicia de Casto Sampedro y Folgar 4 [CMG, parte, páxina].

Cancioneiro popular galego de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina 5 [CPGDS, volume, tomo, páxina].

Cancioneiro da Terra Cha (Pol) de Isaac Rielo Carballo 6 [CTC, páxina].

Cancionero Gallego de Eduardo Martínez Torner e Jesús Bal y Gay 7 [CG, tomo, páxina].

Cancioneiro do Fisterra galego de Manuel Quintáns Suárez 8 [CFG, tomo, páxina].

Cancioneiro popular da provincia de Ourense dirixido por Mariló e Xulio Fernández Senra 9 [CPPO, volume, páxina].

Cantigueiro popular da Limia Baixa de Xaquín Lorenzo Fernández 10 [CPLB, páxina].

Cantigueiro de Cotobade de Antonio Fraguas Fraguas 11 [CDC, páxina].

A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade de Luísa Méixome Quinteiro, Carme Lamela Villaravid, Eva María Páramos Viñas e Salomé Díaz Muñiz, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín 12, [CPTO, páxina].

El Bierzo. Etnografía y folklore de las comarcas leonesas de José Luis Alonso Ponga e Amador Diéguez Ayerbe 13, [EB, páxina].

O libro do porco [OMLP, páx.]; Sal e pementa [OMSP, páx.]; Cantares de cego [OMCG, páx.]; Catecismo do labrego [OMCL, páx.]; Cantigas do viño [OMCV, páx.]; Refraneiro do viño [OMRV, páx.]; O libro da caza [OMLC, páx.]; O libro do marisco [OMLM, páx.]; O libro do amor [OMLA, páx.] e Foliadas do gaiteiro [OMFG, páx.], todos estes da colección “O Moucho” 14.

Ver notas
  1. [1] Fernández Salgado, X. A. Marcial Valladares (1821-1903). Lingua, literatura e folklore. Tese de doutoramento dirixida pola Dra. Rosario Álvarez Blanco, defendida no Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela en 2002. Os apéndices (pp. 851-963) conteñen unha boa parte das coplas e refráns compilados por Marcial Valladares.
  2. [2] Pardo Bazán, E. e outros. Folklore gallego. Sevilla, 1884 [dentro da obra: Biblioteca de las Tradiciones Populares dirixida por Antonio Machado y Álvarez] Reeditado por Ed. Biblio Manías. San Sebastián, 2000.
  3. [3] Pérez Ballesteros, J. Cancionero popular gallego. Tomos I, II e III. Ed. Akal. Madrid, 1979. Reedición dos orixinais que apareceron formando parte da Biblioteca de las Tradiciones Populares dirixida por Antonio Machado y Álvarez [Ed. Librería de Fernando Fé. Madrid, 1885 tomo VII, 1886 tomos IX e XI].
  4. [4] Sampedro y Folgar, C. Cancionero musical de Galicia. Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. Reimpresión facsimilar da edición de 1942. A Coruña, 1982.
  5. [5] Schubarth, D. e Santamarina, A. Cancioneiro popular galego. Tomo II dos volumes IV, V e VI. Ed. Fundación “Pedro Barrié de la Maza”. A Coruña, 1988 (Tomo II, Vol. IV e V) e 1993 (Tomo II, Vol. VI).
  6. [6] Rielo Carballo, I. Cancioneiro da Terra Cha (Pol). Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos Nº 35. Ed. Edicións do Castro. A Coruña, 1980.
  7. [7] Martínez Torner, E. e Bal y Gay, J. Cancionero gallego. Estudo crítico de Carlos Villanueva. Ed. Fundación Pedro Barrié de la Maza. Facsímil da edición de 1973 dividida en dous tomos. A Coruña. 2007.
  8. [8] Quintáns Suárez, M. Cancioneiro do Fisterra galego. Volumes I, II e III. Ed. Toxosoutos. Noia, 2000.
  9. [9] Fernández Senra, M. e Fernández Senra, X. Cancioneiro popular da provincia de Ourense. Ed. Deputación de Ourense. Ourense 1997.
  10. [10] Lorenzo Fernández, X. Cantigueiro popular da Limia Baixa. Ed. Deputación Provincial de Ourense e Museo do Pobo Galego. Ourense, 2004.
  11. [11] Fraguas Fraguas, A. Cantigueiro de Cotobade. Cadernos do Seminario de Sargadelos nº 78. Ed. do Castro. A Coruña, 1998.
  12. [12] Meixome Quinteiro, L., Lamela Villaravid, C., Páramos Viñas, E.M. e Díaz Muñiz, S. Coordina: Afonso Vázquez-Monxardín. A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade. Unha experiencia de recollida en centros de Ourense, Santiago, Tui e Viveiro. Ed. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela, 1992.
  13. [13] Alonso Ponga, J. L. e Diéguez Ayerbe, A. El Bierzo. Etnografía y folklore de las comarcas leonesas. Ed. Leonesas-Santiago García, 1984.
  14. [14] O Moucho. Edicións Castrelos. Vigo, 1968-1974. Reeditados pola Ed. Galaxia en 2008.
Patrocinadores e colaboradores