Introdución


Agás nalgúns casos concretos, significativos ou de grande interese, non explicaremos a distribución xeográfica dos instrumentos ou o lugar(-es) concreto(-s) onde se documentaron e por quen, pois achamos que faría a lectura deste o traballo máis pesada.

Nos tempos verbais empregados nas descricións dos instrumentos musicais acharedes oscilacións entre o presente e o pasado, estas oscilacións son significativas pois algúns séguense a construír ou empregar do mesmo xeito, outros xa non.

Sobre a descrición técnica dos instrumentos musicais

Por mor dunha maior claridade daremos agora uns apuntamentos sobre das referencias espaciais que tomaremos ao describir os diferentes instrumentos musicais. Referirémonos ao extremo máis próximo ao tocador como extremo ou parte proximal, mentres que o oposto será o extremo ou parte distal. Dereita e esquerda serán as do executante e consideraremos sempre que os tocadores son destros. A parte superior do instrumento será a que fica cara arriba e a inferior cara abaixo.

Patrocinadores e colaboradores