Aerófonos libres de interrupción

En canto á súa tipoloxía en Galicia achamos dous tipos diferentes:

-Os que non levan lingüetas: a zoadeira, zoa ou rombeta; o bufagatos, fungo ou fungadeira; e o rin-ran. Todos son considerados no noso sistema de cultura tradicional como xogos de nenos e nenas.

-Os que si levan lingüeta(-s): a folla de espadana, a folla sostida entre os dedos, o cantagalos, a filharmónica e o acordeón, entre os que achamos tanto xogos de nenos/as como instrumentos musicais que os galegos consideramos como tais.

Patrocinadores e colaboradores