Aerófonos libres
Forman un curioso grupo dentro dos aerófonos xa que o sopro non ten nada que ver con eles. Non é unha columna de aire contida dentro do instrumento e posta en vibración a que produce o son, é a acción mecánica do propio instrumento sobre o aire que o rodea a que produce un son audible por medio de turbulencias e remuíños. Existen tres grupos de aerófonos libres: os de desviación, os de interrupción e os de explosión.