Asubío de pedra

Asubío fabricado na pedra denominado toelo. Lonxitude 3 cm. Da colección do autor, cedido por Xosé López González e Xosé Manuel García. Fotografía Alba Vázquez Carpentier.

Tratase doutro instrumento de sopro directo que non é unha frauta. Segundo nos informou Antón Cortizas, fabrícase cun anaco de pedra caliza branda, denominada toelo, propio dalgúns lugares de Galicia. A pedra tállase cunha navalla exteriormente ata que se fai un rectángulo duns 4 cm de longo, 2.5-3 cm de largo e 1 cm de groso aproximadamente, redondeándoo na parte posterior, onde non vai o furado. Cun ferriño delgado practícaselle un furado interior plano, e en cada lado un buratiño duns 2 mm de diámetro, debendo coincidir perfectamente estes dous furados un encima do outro. O asubío así confeccionado introdúcese completamente na boca, excepto a parte anterior por onde sae o aire. Colocando a lingua dun xeito concreto, cerca dun dos furadiños, é posible emitir unha multitude de sons agudos diferentes e incluso melodías.

Antón Cortizas informounos tamén que achou un tipo semellante de asubío fabricado dobrando unha lata e practicándolle tamén dous furadiños. En todo caso os galegos non os consideramos como instrumentos musicais senón como xogos de nenos.

Patrocinadores e colaboradores