Asubíos (con furados tonais)

Asubío de abelá con aeroducto.


Son exactamente iguais que os que vimos de describir, pero agora, na parede da cavidade practícanse, ademais do furado para soprar, outros pequenos furadiños para emitir diferentes notas, que se practicaban coa punta da navalla. Nos asubíos de noz e nos feitos con bugallas ou carrabouxos grandes pódense facer tres ou catro furados para os dedos que permiten a emisión dunha melodía, estes furados dispóñense sempre de xeito circular. Este tipo de asubíos abunda na África central, onde Jean-Sébastien Laurenty os estudou en profundidade, documentando literalmente centos de tipos diferentes 1. Esta grande variedade seguramente é síntoma de moito tempo de evolución que permite a aparición dun gran número de variantes. É por tanto moi posible que estes instrumentos viñeran xa de África xunto cos primeiros poboadores da península.

Ver notas
  1. [1] Laurenty, J.-S. La systématique des aérophones de l’Afrique Centrale. Ed. Musée Royal de l’Afrique Centrale. Tervuren, Belgique Annales, nouvelle série IN-4º-Sciences humaines, nº7, 1974, pp. 40-278.
Patrocinadores e colaboradores