Instrumentos de sopro directo que non son frautas

Existen multitude de instrumentos musicais no mundo que participan do modo de emisión do son das frautas, é dicir, un sopro de aire que se espeta contra un borde afiado, pero que non son propiamente frautas, senón asubíos. Unha frauta é un tubo máis ou menos longo que polo menos leva dous furados tonais, é dicir, furados para os dedos que serven para emitir notas diferentes, e que van colocados en liña; mentres que, polo contrario, os asubíos poden ser tubos ou máis caracteristicamente cavidades globulares, que poden ou non levar furados para os dedos, pero que de presentalos están colocados circularmente 1.

Ver notas
  1. [1] Laurenty, J.-S. La systématique des aérophones de l’Afrique Centrale. Ed. Musée Royal de l’Afrique Centrale. Tervuren, Belgique Annales, nouvelle série IN-4º-Sciences humaines, nº7, 1974, p. 3.
Patrocinadores e colaboradores