Mans pechadas nas que se asubía

É un xeito de aproveitar o corpo para facer un instrumento musical. Os polgares póñense un a carón do outro, deixando entre eles unha separación en forma de elipse. Por tras deles as mans péchanse formando unha cavidade. Aplícanse os beizos xusto enriba dos cotelos dos polgares e sóprase. O son obtido pode modularse e facer unha melodía agrandando ou diminuíndo a cavidade formada polas mans ou ben levantando sucesivamente os dedos da man esquerda. Ben manexado este instrumento produce un son moi semellante ao dunha ocarina ou unha caramela grande.

Trátase dun xogo de nenos e dun reclamo para cazar pombos e rulas. Non é considerado en Galicia como un instrumento musical. Na clasificación de -Hornbostel e Sachs este instrumento corporal poderíase incluír no apartado 420.11 “Instrumentos de sopro directo que non son frautas”.1.

Ver notas
  1. [1] Nós incluímos este instrumento musical nun novo apartado que propuxemos para os instrumentos que denominamos “aerófonos corporais
Patrocinadores e colaboradores