Outros usos da boca como resoador

En Galicia aparecen varios xeitos máis de empregar a boca e o resto do sistema fonador como cavidade de resonancia para amplificar e modular diversos sons producindo melodías. A orixe primaria da vibración pode estar na propia boca, caso do asubío labial, lingual e cos dedos, ou ben deberse a algún tipo de instrumento musical que se coloca diante da boca, caso das trompas ou birimbaus, das culleres ou das noces. Xa falamos destes usos musicais do corpo cando tratamos estes instrumentos musicais.

Patrocinadores e colaboradores