Pitos de lata

Un tipo particular de pitos fabricados por artesáns especializados, neste caso latoeiros, podíanse mercar nas feiras durante gran parte do século XX e consistían nun tubo de metal duns 25 cm de longo, cónico duns 15 a 7 mm, e fornecido con 6 furados para os dedos. Comprábanos os nenos como xoguete, aínda que funcionan perfectamente como instrumentos musicais. Algúns gaiteiros da comarca da Limia lembran o seu uso como instrumento de aprendizaxe no camiño cara á gaita de fol. Estes instrumentos aparecen documentados exactamente baixo esta mesma forma por Ernesto Veiga de Oliveira en Portugal 1.

Ver notas
  1. [1] Veiga de Oliveira, E.. Instrumentos Musicais Populares Portugueses. Fundação Calouste Gulbenkian/Museu Nacional de Etnologia. Lisboa, 3ª Ed. 2000, p. 322.
Patrocinadores e colaboradores