Reclamo para perdiz e paspallás

Bernardo Martínez informounos dun xeito de atraer ás perdices e paspallás empregando o corpo como instrumento para producir un son semellante ao emitido por estes animais. Trátase pois dun reclamo de caza que se fai situando a man diante dos beizos, compoñendo un pequeno funil. Os beizos apértanse e vibran como nunha trompeta ao expulsar o aire contido ao inchar unha fazula e darlle golpes coa outra man a intervalos regulares, emitindo así un característico prrrrr, prrrr. Como xa comentamos ao falaren doutros tipos de reclamos de caza, esta forma de proceder podería estar relacionada coa orixe de todos os aerófonos que empregan as lingüetas membranosas formadas polos beizos como forma primaria de produción do son, tais como os cornos, buguinas e trompetas.

Patrocinadores e colaboradores