Reclamos de cazadores

Moitos destes reclamos son sinxeliñas frautas de bisel, rectas ou globulares, sen furados para os dedos. O seu único son imita o cantar dalgúns paxaros. Antigamente fabricábanse de cana, madeira, óso ou corno. As primeiras frautas que están documentadas arqueoloxicamente seguramente tiñan este uso fundamental [ver asubío]. Falaremos dos reclamos en “O asubío” e tamén en “Reclamo para perdiz e paspallás“.

Patrocinadores e colaboradores