Requinto

Á parte do clarinete en Sib do que acabamos de falar, en Galicia tamén se empregou para tocar coas gaitas de fol outro modelo diferente da súa familia: o requinto ou clarinete en Mib. Este instrumento, bastante máis pequeno e agudo que o afinado en Sib, foi moi usado para acompañar as gaitas de fol en Sib que proliferaron en Galicia a partir dos anos 40 aproximadamente, formando parte das murgas ou charangas, onde o requinto destaca polo seu potente, agudo e brillante son. Tamén se usou para acompañar as gaitas de fol grileiras que aparecen por veces en tonalidades próximas ao Mib, sendo moi frecuente este uso no Baixo Miño (Pontevedra) a principios do século XX para acompañar ás gaitas de barquín.

Patrocinadores e colaboradores