Caixas de música

Estes trebellos mecánicos estiveron e están presentes en moitas das nosas casas e consisten nunha plaquiña de metal que leva talladas varias lingüetas de diferentes lonxitudes para así compoñer unha escala musical. Estas lingüetiñas son feridas por pequenos saíntes dispostos ordenadamente sobre un rodicio metálico, ao xirar este mercé a unha corda semellante á dun reloxo, produce unha melodía que se repite constantemente mentres o rodicio xira.

Dentro da clasificación de Hornbostel e Sachs, as caixas de música pertencen ao grupo dos idiófonos punteados de táboa ou peite, encadrándose dentro do apartado 112.2. En Galicia non son consideradas como instrumentos musicais, senón máis ben como xoguetes.

Patrocinadores e colaboradores