Piñas

As piñas dos piñeiros actúan exactamente como un reque-reque: refregando unha contra a outra obtense un ruído moi semellante. Non é un instrumento do que teñamos extensa documentación e poderiamos dicir que o seu uso foi moi restrinxido. Pertencen, igual que as botellas e os reque-reques, aos idiófonos de refregar da clasificación de Hornbostel e Sachs, concretamente ao grupo 112.21 “De pauciños”. Tampouco son considerados polos galegos como verdadeiros instrumentos musicais, pois non son feitos con esa intención, carecen da posibilidade melódica e aínda por riba non son indispensables para o acompañamento do canto. Vense máis ben como unha brincadeira.

Patrocinadores e colaboradores