Vasoira

As poucas informacións que temos sobre este instrumento indican que en Galicia o tocaron só. En Santiago de Compostela había un sonado tocador de vasoira que percorría as rúas da zona vella tocando e cantando ao son do seu instrumento. Collida a vasoira coa parte de varrer cara arriba, refregaba a punta do mango contra unha superficie de madeira, emitindo un son grave e rítmico co que acompañaba o seu canto. Como elixía as portas das casas para facelo, este tocador era detestado polas amas, pois acababa por estragarlles as portas.

A vasoira como instrumento musical aparece citada por Miguel de Cervantes (1547-1616) en Rinconete y Cortadillo: “Monipodio rompió un plato y hizo dos tejoletas, que, puestas entre los dedos y repicadas con gran ligereza, llevaba el contrapunto al chapín y a la escoba.”

Na clasificación técnica segundo Hornbostel e Sachs este curioso instrumento pertencería ao grupo dos idiófonos refregados de paus de fricción indirecta (131.22). No noso sistema de cultura tradicional non é considerado máis que como unha curiosidade.

Patrocinadores e colaboradores