Abesouro, roncollo


Trátase dun membranófono bastante semellante a unha zambombas pequeniña. A caixa pódese facer dunha casca de noz, dun tubiño de cana pechado por un extremo ou tamén cun botiño de metal pequeno. Calquera destas cavidades recóbrese cunha pel finiña, ben tensa, que se atravesa cun cordeliño facéndolle un furadiño no centro, de xeito que o cordel non escapa polo furado porque leva un nó pola parte de dentro da pel. O outro cabo do cordel átase cunha lazada frouxa a un pau no que se fai un rebaixe para que o cordel non escape. Collendo o pau cunha man é posible facer xirar o instrumento no aire e como o rebaixe do pau se unta con resina, o cordel ao dar voltas vibra; estas vibracións transmítense entón á membrana que emite así un son característico.

Tanto polo xeito de facer xirar o instrumento no aire, como polo seu son, ben puidera asimilarse este xoguete a un tipo de zoadeira particular.

En Galicia é un xogo de nenos e puidemos saber tamén que na India ten este mesmo estatus. Na clasificación de Hornbostel e Sachs pertence aos membranófonos de fricción con corda (232.11).

Patrocinadores e colaboradores