Unha benvida de Pablo Carpintero
O web no que te achas contén información de distinta índole sobre os instrumentos musicais tradicionais galegos. Nela poderás achar unha descrición detallada de cada instrumento musical, os seus nomes tradicionais, a súa historia e tamén información sobre quen, cando, como e onde se tocaba, entre outras cousas. Tamén poderás ver fotografías e deseños dos instrumentos, realizados por Ramón Marín, así como un vídeo onde poderás ver como se toca e como soa cada instrumento musical.
Neste web tes varias seccións deseñadas para que o acceso á información che sexa máis doado:
Índice de instrumentos: aquí áchanse listados polo seu nome cada un dos máis de 150 instrumentos musicais documentados en Galicia, premendo nos nomes poderás acceder directamente á ficha de cada instrumento.
Os idiófonos: aquí tes todos aqueles instrumentos musicais nos que é o seu propio corpo ao vibra ro que produce os on (p.e.: un triángulo, unha pandeireta, unhas cunchas etc.)
Os membranófonos: aquí áchanse os instrumentos musicais que produce no son mercé a membranas tensas (p.e.: os tambores, os bombos, as zambombas, as caixas etc.)
Os aerófonos: nesta sección podes consultar aqueles instrumentos nos que é necesario soprar para obter o son (p.e.: as frautas, as gaitas, as gaitas de fol, etc.)
Os cordófonos: aquí atoparás instrumentos nos que o son é producido mercé a cordas tensas (p.e.: o violín, a zanfona, o rabel etc.)
Conxuntos instrumentais: contén información sobre como se xuntaban os diferentes instrumentos musicais para tocar en conxuntos.
Recursos: esta sección contén catro elementos de interese que che poden axudar a entender o que é un instrumento musical:
- A introdución orixinal do libro, onde poderás ver cales foron as súas fontes, que se entende por música, e como se describirán os instrumentos musicais.
- A clasificación técnica de Hornbostel e Sachs, onde fomos introducindo cada un dos nosos instrumentos musicais
- A clasificación galega dos instrumentos musicais, unha interesante sección dedicada a descubrir, por métodos de antropoloxía cognitiva, que é a música para os galegos, así puidemos diferenciar entre o que era un xoguete, unha ferramenta e un verdadeiro instrumento musical.
- A bibliografía que se empregou para escribir o traballo.
Contacto: desde esta sección poderaste poñer en contacto comigo ou co Consello da Cultura para calquera achega que nos queiras facer, por exemplo, algún instrumento musical que ti coñezas e nós non.
Créditos: contén o curriculum do autor e do deseñador.