Farsa das zocas

"Farsa das zocas" é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero (1910-1990) que conta un drama familiar con interese económico como pano de fondo. Este é o texto escollido polo Consello da Cultura Galega (CCG) para a publicación coa que cada ano celebra o Día das Letras Galegas. A edición facsimilar preséntase acompañada dun estudo introdutorio realizado polo profesor da Universidade da Coruña, Carlos Biscainho, a quen entrevistamos para este especial. Ademais, ofrecemos un pequeno agasallo: un vídeo en que Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez dan vida as personaxes recreadas por Carballo Calero. É moito máis que unha lectura dramatizada, unha aproximación á posta en escena desta peza que nos presenta unha faceta menos coñecida de Carballo Calero.

Ver vídeo
Farsa das zocas

Farsa das zocas

Ricardo Carballo Calero
2020

O Consello da Cultura Galega únese á homenaxe a Ricardo Carballo Calero celebrada no Día das Letras Galegas 2020 con esta edición da Farsa das zocas . Ademais do estudo preliminar a cargo de Carlos-Caetano Biscainho Fernandes, esta publicación presenta o facsímile da Farsa das zocas da edición de 1982 ( Teatro completo, Ediciós do Castro), derradeira autorizada polo autor, que vai acompañado doutros dous facsímiles de manuscritos autógrafos, que se ofrecen coas correspondentes transcricións.

Ver libro
Consello da Cultura Galega

Carlos Biscaínho: "Esta obra evidencia o desexo de dignificar historias
e personaxes populares e que dialoguen con outras dramaturxias do mundo"

Ler entrevista

Farsa das zocas

Créditos do video
Elenco:
Melania Cruz, María Vázquez, Tito Asorey.
Operadora de cámara e montaxe de vídeo:
Lucía R. Regueiro
Asesoramento lingüístico:
Rosa Moledo
Agradecementos:
Elena Ferro
Produción:
A Quinta do Cuadrante
Dramaturxia e dirección:
Tito Asorey

Ricardo Carballo Calero
Día das Letras Galegas 2020