Donatella della Porta

----

Donatella della Porta


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Donatella della Porta


"Profesora de Socioloxía e directora de investigación do Departamento de Ciencias Políticas e Sociais no European University Institute, Florencia. Os seus principais intereses investigadores refírense aos movementos sociais, a violencia política, o terrorismo, a corrupción e as forzas e as políticas da orde pública, cuestións verbo das cales realizou estudos en Italia, Francia, Alemaña e España. Dirixiu un proxecto de investigación comparativa sobre o control das manifestacións públicas masivas en Europa e outro sobre as forzas policiais de Italia. Na actualidade participa en varios proxectos comparativos centrados na cidadanía e os movementos sociais.

Entre as súas recentes publicacións sobresaen: Another Europe (Routledge, 2009), Democracy in Social Movement, (Palgrave, 2009), Social Movements in a globalizing world, con H. Kriesi e D. Rucht (Palgrave, 2009), Voices of the Valley, Voices of the Straits: How Protest Creates Communities, con G. Piazza (Berghahn Books, 2008) ou Introduzione alla scienza politica (Il Mulino, 2008), entre unha extensa relación de títulos e colaboracións en revistas e xornais.

Pode atopar máis información sobre Donatella della Porta en
http://www.eui.eu/Personal/DonatellaDellaPorta/"

Publicacións nas que participou Donatella della Porta