Biografía de Domingo Docampo
Catedrático de universidade na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo, da que foi director a finais dos anos 80. Foi logo director do Departamento de Tecnoloxías das Comunicacións en dúas ocasións entre 1991 e 1998. Foi reitor da Universidade de Vigo entre 1998 e 2006, presidente da Subcomisión de Ensinanzas Técnicas do Consello de Coordinación Universitaria e presidente do Grupo de Traballo de Espazo Europeo da CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas). É coautor de arredor de 70 artigos e comunicacións en revistas e actas de congresos internacionais. Pronunciou máis de 40 conferencias en universidades de España, Estados Unidos e Iberoamérica.
Publicacións nas que participou Domingo Docampo
LIBRO
Medios de comunicación e telecomunicacións
(Actas da xornada celebrada o 8 de abril de 2005)
LIBRO-AUDIO
Carlos Casares
A semente aquecida da palabra
LIBRO