Jorge Álvarez Yágüez

----

Jorge Álvarez Yágüez

1954 Ourense
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Jorge Álvarez Yágüez

1954- Ourense

Jorge Álvarez Yágüez é doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Un dos seus campos de traballo é a filosofía política, ámbito no que publicou varios libros, entre eles: Individuo, libertad y comunidad (A Coruña, 2001) e Política y república. Aristóteles y Maquiavelo (Madrid, 2011). En relación co pensamento latinoamericano, participou en varias publicacións colectivas: Ansa-Goicoechea / Cabezas / Fornazzari (eds.), Crítica de la acumulación (Santiago de Chile, 2010); Castro Orellana (ed.), Posthegemonía, El final de un paradigma de la filosofía política en América Latina (Madrid, 2015); Moreiras / Villacañas, Conceptos fundamentales del pensamiento latinoamericano actual (Madrid, 2017). Así mesmo, colabora na revista estadounidense Política Común, especialmente atenta a esta problemática. É membro da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

Presentación e inauguración das Xornadas sobre igualdade