Marcial Gondar Portasany

----

Marcial Gondar Portasany


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Marcial Gondar Portasany


Catedrático xubilado de Antropoloxía Social e Cultural da Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en SocioloxÍa e Filosofia.

Unha das liñas fundamentais do seu traballo de investigación é a saúde mental comunitaria e o influxo que nela teñen as distintas mentalidades e conflitos sociais. Como mostra deste enfoque poden verse, por exemplo, Romeiros do alén, Antropoloxía da morte en Galicia (1989), Mulleres de mortos. Cara a unha antropoloxía da muller galega (1991), «El factor cultural como herramienta terapéutica. A vueltas con el modelo biomédico en la atención sanitaria» na Revista Andaluza de Antropología 5 (2O03, pp.12-34) ou tamén Poseídos. Ensayos de etnopsiquiatría gallega (2O22).