Olga Iglesias

----

Olga Iglesias


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Olga Iglesias


Profesora de Lingua e Literatura Galega no IES de Curtis (A Coruña).

Comezou a colaborar cos equipos de normalización lingüística no ano da súa fundación, o 1991, dende o IES Francisco Aguiar de Betanzos. Dende aquela, como coordinadora ou como membro, a súa traxectoria profesional estivo sempre ligada aos equipos.

No ano 2004 comeza a traballar como asesora docente na Dirección Xeral de Política Lingüística e forma parte do grupo de traballo que elabora os Niveis de competencia en lingua galega. Descrición de habilidades e de contidos adaptados ao Marco europeo común de referencia para as linguas.

De 2005 a 2010 foi coordinadora central dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, na Secretaría Xeral de Política Lingüística. Nesta etapa coordina, entre outros, os seguintes materiais: A planificación lingüística nos centros educativos, Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos e a unidade didáctica Linguas cruzadas, realizada por Ana Iglesias para o documental do mesmo nome. É, asemade, impulsora e responsable técnica das accións que neste período desenvolve a Secretaría Xeral de Política Lingüística para a reorientación do labor que viñan desenvolvendo os equipos.