Rafael Argullol

----

Rafael Argullol

1949 Murgadas (Barcelona)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Rafael Argullol

1949- Murgadas (Barcelona)
Narrador, poeta e ensaísta, dirixe o Instituto Universitario de Cultura da Universidade Pompeu Fabra e é catedrático de Estética e Teoría das Artes na Facultade de Humanidades da mesma Universidade. É autor de vinte e cinco libros en distintos ámbitos literarios: poesía (Disturbios del conocimiento, Duelo en el Valle de la Muerte, El afilador de cuchillos), novela (Lampedusa, El asalto del cielo, Desciende, río invisible, La razón del mal, Transeuropa, Davalú) e ensaio (La atracción del abismo, El Héroe y el Unico, El fin del mundo como obra de arte, Aventura. Una filosofía nómada, Escritos ante una guerra, entre outros) dirixíndose cada vez máis cara á unha escritura transversal que rompe os xéneros literarios (Cazador de instantes, El puente del fuego, Enciclopedia del crepúsculo, Breviario de la aurora etc.).

Publicacións nas que participou Rafael Argullol