Miguelanxo Prado

----

Miguelanxo Prado


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Miguelanxo Prado


Miguelanxo Prado é pintor, ilustrador, guionista, ilustrador de prensa, director de animación e, moi principalmente, autor de cómic. Entre os seus libros cabe sinalar títulos como Trazo de xiz (un dos libros máis premiados do cómic contemporáneo), Quotidianía delirante, Ardalén (Premio Nacional, Premio da Crítica Especializada e Premio á mellor obra de autoría española do Salón do Cómic de Barcelona, así como outros premios no Festival de Úbeda e Baeza, Expocómic Madrid ou Zona Cómic, entre outros), Presas fáciles (Premio Festival de Amadora, premios Diario de Avisos ao mellor guión e ao mellor debuxo realista, e Premio Mor Vran en Francia) ou O pacto do letargo (Premio Diario de Avisos e Premio Bandas Desenhadas en Portugal). Recibiu en dúas ocasións o Premio á Mellor Obra Traducida no Festival Internacional de Banda Deseñada de Angoulême (FIDB) e en seis ocasións diferentes premios no Salón do Cómic de Barcelona. Tamén obtivo o Premio da Cultura Galega en 2015. Ilustrou libros de escritores como Laura Esquivel (A lei do amor), Gonzalo Torrente Ballester (El cuento de Sirena) ou Manuel Rivas (Contos de Nadal, A lingua das bolboretas ou ).