Mabel Rivera

----

Mabel Rivera

1952 Ferrol, A Coruña
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Mabel Rivera

1952- Ferrol, A Coruña
Percorrer o mapa vital de Mabel Rivera é emprender unha viaxe vertixinosa pola historia recente do teatro galego, unha viaxe que arrinca no esforzado mundo amador do Ferrol industrial e insubmiso dos 60 para traernos ata este presente dominado pola incerteza.

Faremos parada nos tempos esperanzados de Abrente e mais na promesa de futuro que foron os 80, cando contra vento e marea unhas e outros erguían a casa común da escena galega, sobre os alicerces dun Centro Dramático Galego polo que semella que aínda imos ter que seguir a loitar.

Despois virían o espellismo da dobraxe e as series da TVG, permitindo que as xentes do noso teatro entrasen nos fogares dunha cidadanía que, en boa medida, as descoñecía, e aínda os vencellos coa industria cinematográfica, que tantas e tan boas e bos profesionais atopou no noso país, e que por algúns intres levounos, da man de Mabel, pola alfombra vermella da fantasía.

No entanto, Mabel Rivera seguiu a medrar, no persoal e no artístico, preocupada sempre por arrequentar unha formación que a súa xeración sabe heterodoxa, e velaí a loita pola ESAD, tanto tempo un soño e hoxe unha realidade firme: o berce da profesión do mañá.

Foi pioneira en moitas aventuras que puñan en diálogo as nosas táboas coas dramaturxias máis vangardistas, cultivou as amizades, creou personaxes xa inesquecibles na memoria de varias xeracións… e pelexou pola dignidade do gremio, asumindo a presidencia da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galicia. A traxectoria de Mabel Rivera axúdanos tamén a entender o significado da palabra ‘compromiso’ nun país como Galicia, onde os dicionarios sempre semellan estar incompletos.

Materiais de Mabel Rivera

Documento. Artigo

Patricia Fraga fala dos Premios Mestre Mateo 2013 nos que tivo presenza Mabel Rivera

FRAGA, Patricia G.: «Os Premios Mestre Mateo destacaron o traballo audiovisual feito en Ferrol», DiariodeFerrol.com, (9-4-2013]
Documento

Eduardo Vallejo entrevista a Mabel Rivera

VALLEJO, Eduardo: «Mabel Rivera», Actúa. Revista cultural da AISGE, nº 34 (xaneiro-marzo, 2013), p. 46-47.
Documento. Artigo

Sandra Faginas escribe sobre Mabel Rivera

FAGINAS, Sandra: «En primera línea. Mabel Rivera», Extra. La Voz de Galicia, nº 79 (8-7-2012), p. 2-3
Documento. Artigo

Isabel Bugallal recolle opinións de Mabel Rivera sobre o premio Goya a Mar adentro

BUGALLAL, Isabel: «Mabel Rivera: ‘El Goya me cogió muy mayor’», La Opinión Coruña.es, (20-4-2012)
Documento

Sobre Galicia SL e a súa posta en escena

Sobre Galicia SL. Contén un artigo de Eduardo Alonso e a Ficha técnica da posta en escena da obra (2011)
Documento. Artigo

Artigo sobre o premio Cineuropa outorgado a Mabel Rivera

«Cineuropa premia a Mabel Rivera por su faceta de actriz y productora», La Voz de Galicia, (17-11-2009)
Documento. Artigo

Presenza de Mabel Rivera no ciclo de documentais en Bueu

«A actriz Mabel Rivera abre un ciclo de documentais en Bueu», La Voz de Galicia, (6-11-2009)
Documento. Artigo

Artigo no que se destaca o activismo de Mabel Rivera sobre a a soberanía alimentaria

Silvia R.: «Por la dignidad del agro. Mabel Rivera y Enrique Banet inauguran su santuario de la soberanía alimentaria», El País, (9-10-2009)
Documento

Mabel Rivera no Dicionario do cine en Galicia 1896-2008

CABO VILLAVERDE, José Luís; FERNÁNDEZ, Miguel Anxo (Coord.): «Rivera, Mabel», en Dicionario do cine en Galicia 1896-2008, Santiago de Compostela, Foro Galego do Audiovisual, 2008, p. 550-552
Documento. Artigo

Mabel Rivera productora de El salario del silencio

PATO, Alfonso: «Mabel Rivera contra el silencio», El País, (7-6-2007)
Documento. Artigo

Entrevista a Mabel Rivera no X Festival de Cine de Málaga

PÉREZ, C.: «X Festival de Cine de Málaga. Mabel Rivera: ‘Por Mar Adentro sigo en esta profesión’», Sur , (15-3-2007)
Documento. Artigo

Carmen Avendaño, Luísa Castro e Mabel Rivera son as protagonistas deste artigo de Xosé Manuel Pereiro

PEREIRO, Xosé Manuel: «Las mujeres ante el otoño del patriarca. Una actriz, una madre contra la droga y una escritora debaten sobre el cambio en Galicia», El País (15-6-2005).
Documento. Artigo

Unha conversa con Mabel Rivera

CHAT –Vieiros: «Conversa con Mabel Rivera», (23-3-2005)
Documento. Artigo

Artigo de Rubén Ventureira sobre o teatro en Galicia e no que se fala do lugar ocupado por figuras como Mabel Rivera

VENTUREIRA, Rubén: «El teatro gallego denuncia la falta de una programación estable», La Voz de Galicia, (21-3-2005)
Documento

Mabel Rivera dramaturga

NOGUEIRA, Mar (Dir.): «Rivera Torres, Mª Isabel», en Catálogo de dramaturgos galegos 1973-2004: de abrente ata hoxe, Santiago de Compostela, IGAEM & Xunta de Galicia, 2005, p. 469-470
Documento. Artigo

Nova na que se destaca a interpretación de Mabel Rivera en Mar Adentro

DURVIN, Karen: «A Nurse as Silent as She Is Graceful», The New York Times (7-11-2004)
Documento. Artigo

Camilo Franco entrevista a Mabel Rivera

FRANCO, Camilo: «Mabel Rivera actriz», Suplemento de ocio de La Voz de Galicia (1-10-2004). Entrevista a Mabel Rivera. Aborda o seu traballo como actriz e a situación da produción audiovisual en Galicia
Documento

Pilar Comesaña entrevista a Mabel Rivera

COMESAÑA, Pilar: «Divino diván/Mabel», Compostelán, nº 141 (outubro 2004), p. 6-12
Documento. Artigo

Nova sobre a posta en escena da obra Compañía de Eduardo Rover por Manivela & Galería

BECEIRO, M.: «Los actores de Pratos combinados llenan las salas», La Voz de Galicia (15-01-2001).
Documento

Mabel Rivera fai parte do elenco da posta en escena de Compañía

Programa de man da posta en escena da obra Compañía, de Eduardo Rovner, realizada por Manivela & Galería (2000)
Documento

Programa de Xogos a hora da siesta, onde actúa Mabel Rivera

Tríptico do programa da posta en escena de Xogos a hora da siesta do Teatro do Malbarate. Obra de Roma Mahieu adaptada e dirixida por Cándido Pazó (1991)
Documento

Programa de Xogos a hora da siesta, onde actúa Mabel Rivera

Tarxeta do programa da posta en escena de Xogos a hora da siesta do Teatro do Malbarate. Obra de Roma Mahieu adaptada e dirixida por Cándido Pazó (1991)
Documento

Programa da posta en escena de Inventarios na que participa Mabel Rivera

Programa de man da posta en escena de Inventarios. Obra de Philippe Minyana dirixida por Fernanda Lapa (1990)
Documento

Carme Rábade conversa con Malbarate, grupo do que fai parte Mabel Rivera

RÁBADE, Carmen: «Conversando con Malbarate», Festa da Palabra Silenciada, nº 7 (outono 1990), p. 151-153
Documento

O programa de Xogos de Damas inclúe información sobre a formación teatral e das actrices Rosa Álvarez, Mabel Rivera e Marisa Soto

Programa de man Xogos de Damas do Teatro do Malbarate. Obra de Anxel R. Ballesteros dirixida por Eduardo Alonso. O programa inclúe información da formación teatral e das actrices Rosa Álvarez, Mabel Rivera e Marisa Soto (1987)
Documento. Artigo

Artigo sobre a posta en escena de Agasallo de sombras

«Estreno de Agasallo de sombras», Faro de Vigo. Semanario cultural Artes e Letras, nº 87 (7-10-1984). Con texto de Vidal Bolaño e entrevista de Xulio Gálvez
Documento

Programa da posta en escena de Memoria de Mortos e Ausentes na que participa Mabel Rivera

Programa de man de Memoria de Mortos e Ausentes escrita por Roberto Vidal Bolaño e posta en escena pola Asociación Teatral Tagallo. Inclúe fotos e críticas (1980)
Documento

A farsa de Bululú, programa do teatro Tagallo do que fai parte Mabel Rivera

Programa de man da posta en escena da obra de Manuel María A farsa de Bululú realizada polo grupo de teatro Tagallo no Kiosco Alfonso os días 19 a 30 de Nadal de 1979
Documento. Artigo

Nova sobre as orixes do grupo de teatro Tagallo, proceso no que participa Mabel Rivera

«Teatro no Círculo de Perlío», El Ideal Gallego (26-4-1979).
Documento

Programa da representación A farsa de Bululú na que participa Mabel Rivera

Programa de man da representación A farsa de Bululú de Manuel María posta en escena polo grupo de teatro Tagallo no Casino de Redes en novembro de 1979. Inclúe información do percorrido da citada formación teatral
Documento

Programas da posta en escena de Un lóstrego na noite e de Romería ás covas do demo nas que participa Mabel Rivera

Fragmento do programa de man da posta en escena de Un lóstrego na noite, de Ramón González Alegre, e de Romería ás covas do demo, de Manuel Lourenzo. As dúas a cargo do grupo de teatro Círculo de Perlío (1976).