Xusto A. Rodríguez Río

----

Xusto A. Rodríguez Río

1970 Cangas
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xusto A. Rodríguez Río

1970- Cangas
É licenciado en Filoloxía Hispánica (subsección Galego-Portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1993), onde acadou o grao de licenciado pola USC, coa memoria de
licenciatura Os empréstitos no galego actual (1996).

A súa vida profesional desenvolveuse fundamentalmente no Servizo de Normalización Lingüística da USC, en dúas etapas (1996-1998 e 2001-actualidade). Desde o ano 2001
traballa como técnico de normalización lingüística do Campus de Lugo, e desde 2005 é o responsable da Área de Terminoloxía do Servizo. Como parte do seu traballo: realizou boa parte dos contidos dos materiais elaborados dentro do proxecto “Mellorando os servizos, como ti queres” (1997); coordina e participa como autor nos
dicionarios e vocabularios técnicos que o SNL editou desde o ano 2004; coordina o traballo relacionado con bUSCatermos (deseño, mantemento, actualización de fontes, presentacións públicas...); redacto os textos incluídos na sección "Un idioma preciso"; administra a rolda de terminoloxía USC?Lexiterm; realiza labores de asesoramento lingüístico (resolución de consultas, revisión de documentación escrita…). Tamén fixo algúns traballos no terreo da metodoloxía terminográfica, sobre o
tratamento dos préstamos na lexicografía galega, e sobre o papel das universidades na modernización terminolóxica do galego. Publicacións
Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega. Santiago de
Compostela, Consello da Cultura Galega, 2003. Primeiro froito da actividade da Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega na área da Terminoloxía, a través da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade creada en 2001.
Un idioma preciso. Santiago de Compostela, 2.0 Editora, 2010. reflexiona sobre os procesos de creación de léxico na lingua galega e, singularmente, naqueles termos máis de voga en ámbitos e disciplinas científicas.

Publicacións nas que participou Xusto A. Rodríguez Río

Portada de A lexicografía galega moderna
LIBRO

A lexicografía galega moderna

recursos e perspectivas
Portada de A lingua galega: historia e actualidade (v. II)
LIBRO. ACTAS

A lingua galega: historia e actualidade (v. II)

Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela
Portada de A estandarización do léxico
LIBRO. ACTAS

A estandarización do léxico

Actas do simposio Léxico e estandarización (2002. Santiago de Compostela)