Anxos Sobriño Pérez

----

Anxos Sobriño Pérez

1971 O Rosal
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Anxos Sobriño Pérez

1971- O Rosal
É licenciada en Filoloxía Galego‐Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Realizou unha memoria de licenciatura sobre a entoación do galego do Baixo Miño, baixo a dirección do profesor Xosé Luís Regueira, e foi bolseira no Instituto da Lingua Galega, onde traballou no proxecto Tesouro Informatizado da Lingua Galega, dirixido polo profesor Antón Santamarina.
No ámbito da normalización lingüística, traballou como técnica de
normalización lingüística no Concello do Rosal. Posteriormente, durante tres anos, ocupou un posto de tradutora intérprete na Dirección Xeral de Xustiza da Xunta e, desde o ano 2005, é técnica superior lingüista na Audiencia Provincial de Pontevedra.
Desde 2016 é presidenta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL).

Publicacións nas que participou Anxos Sobriño Pérez

Portada de A lingua galega, historia e actualidade (v. IV)
LIBRO. ACTAS

A lingua galega, historia e actualidade (v. IV)

Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela
Portada de A estandarización do léxico
LIBRO. ACTAS

A estandarización do léxico

Actas do simposio Léxico e estandarización (2002. Santiago de Compostela)