Marta Souto González

----

Marta Souto González


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Marta Souto González


Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC. Técnica do SNL de Vigo dende 1992 e responsable deste departamento dende esa mesma data.
Autora e coautora de distintos manuais de documentos administrativos e libros de estilo administrativo, entre os cales cómpre salientar: Formularios básicos de procedemento xudicial en lingua galega, 2003; Manual de Formularios para policías locais, 2001; Manual de documentos para asociacións veciñais, 2001; así como o Léxico de urbanismo, construción e arquitectura, 2000.
Relatorios: Dinamización lingüística: Dende o ano 2001 e até o 2006 no Paternariado de Linguas Minoritarias da UE coa presentación de distintas actividades que se desenvolvían no SNL, así como noutros foros europeos sobre linguas minoritarias e educación.
Igualmente con relatorios sobre as experiencias de dinamización lingüística no Concello de Vigo e sobre os programas desta entidade local participei en distintos foros como: Congreso Internacional a lingua galega. Historia e Actualidade, organizado polo ILG; Encontros de Normalización Lingüística do Consello da Cultura; Cursos de Verán da UDC; Encontros de Normalización Lingüística organizados pola CTNL; Xornadas organizadas pola UVigo; Encontros, cursos, xornadas... que organizaron distintos concellos e coordinadoras de equipos de normalización lingüística comarcais; El catalán mola?: xornadas sobre mocidade en lingua catalana, organizado pola Deputación de Tarragona; Congreso L'improvisation orale. Tradition et actualité. Pays Basque, Galicie et Catalongna, Université Sorbonne Nouvelle-París.
Toponimia: Como se chama ese lugar?, Xornadas sobre toponimia, Vigo, 2010; XXIV Congreso Internacional ICOS de Onomástica, Barcelona, 2011; Curso da USC sobre toponimia, verán de 2012.
Participei na Ponencia de Lingua encargada de redactar as bases para un novo estatuto.
Experiencia docente: Docente de lingua e literatura galega; Impartición de cursos de linguaxe administrativa e xurídica para o funcionariado local e autonómico; “Iniciación ás actividades dos SNL/SL”, organizado pola CTNL.

Publicacións nas que participou Marta Souto González

Portada de A lingua galega: historia e actualidade (v. II)
LIBRO. ACTAS

A lingua galega: historia e actualidade (v. II)

Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela