Xaime Subiela

----

Xaime Subiela


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Xaime Subiela


Naceu en Chantada e vive en Ames. Politólogo pola Universidade de Santiago de Compostela.
Exerceu de investigador social e consultor público ligado á empresa Cidadanía —da que foi socio-fundador— entre 1998 e 2006 en temas relacionados coa participación cidadá, planificación estratéxica, normalización lingüística, desenvolvemento sustentable e coa cultura. Coordinador xeral dos procesos participativos das cidades do Eixo Atlántico (2003-2005), asesor da Consellaría de Cultura (2008-2009) e coordinador-técnico da Reflexión estratéxica sobre a cultura galega do Consello da Cultura Galega (2010-2011).
No ámbito lingüístico foi director da investigación do Consello da Cultura Galega que avaliou a política lingüística en Galicia: O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000). Volume I. Política lingüística: análise e perspectivas; director técnico dos plans de normalización lingüística das cidades de Santiago e Ferrol; participou tamén na elaboración do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004) como presidente da Comisión de Sociedade.
Neste campo cabe resaltar o relatorio sobre lingua e democracia no Foro “Sociedades plurilingües” do CCG, os artigos “Política lingüística en Galicia”, en A normalización lingüística a debate en Xerais (2002); “As razóns da lingua galega, Grial, nº 179 (2008); “O idioma galego, alarmas e esperanzas”, en Informe Galicia 2010-Tempos Novos, coordinado por Luís Álvarez Pousa e Xaime Subiela.
Foi decano do Colexio de Politólogos/as e Sociólogos/as de Galicia e é colaborador habitual dos medios de comunicación. En 2012 recibiu o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio pola obra Para que nos serve Galiza?, que, pola súa vez, foi finalista do Premio Nacional de Ensaio do Ministerio de Cultura en 2014.

Publicacións nas que participou Xaime Subiela

Portada de  Sociedades plurilingües
LIBRO. ACTAS

Sociedades plurilingües

Da identidade á diversidade