Dolores Vilavedra

----

Dolores Vilavedra

1963 Vigo
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Dolores Vilavedra

1963- Vigo
Profesora titular de Literatura Galega da universidade de Santiago de Compostela, desde 2019 coordina a Área de Artes e Humanidades da Escola de Doutoramento Internacional da USC (EDIUS) e entre 2015 e 2021 foi coordinadora do programa de doutoramento en estudos da literatura e da cultura.

É especialista en narrativa galega contemporánea e exerce habitualmente a crítica literaria en medios especializados e divulgativos. Foi membro do consello de redacción da revista Grial e directora do Anuario de Estudos Literarios Galegos entre 2002 e 2007. Coordinou a elaboración do Diccionario da literatura galega (publicado en catro tomos) e entre as súas publicacións salientan: Historia da literatura galega (1999), Sobre a narrativa galega contemporánea (2000) ou A narrativa galega na fin de século. Unha ollada crítica (2010), así como a edición de varios epistolarios de escrtories e intelectuais galegos (Álvaro Cunqueiro, Carballo Calero) e de obras clásicas (Follas novas, Retrincos, O castelo de Pambre).

No relativo a cuestión da memoria histórica, ten numerosas publicacións sobre o tratamento da guerra do 36 na literatura galega e, en concreto, en autores como Manuel Rivas. Colaborou co grupo HISTAGRA da USC na organización do congreso internacional «1936. Un novo relato? 80 anos entre historia e memoria» e coeditou, con Antonio Míguez e Lourenzo Fernández Prieto, o volume de autoría colectiva 1936. Un nuevo relato.

Tradutora ocasional, levou ao castelán obras de Manuel Rivas e António Lobo Antunes e ao galego a Pirandello, Amélie Nothomb ou Roberto Cossa.

Tras coordinar a Sección de Lingua, Literatua e Comunicación do Consello da Cultura Galega, en 2015 foi elixida membro do Plenario da institución, e desde 2019 ata 2022 fois ecretaria da Comisión Executiva e responsable da Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais.

Foma parte da Red de Estudios y Datos sobre la Edición Iberoamericana y Transnacional (RED-EDIT) como responsable da edición galega.

Publicacións nas que participou Dolores Vilavedra

Portada de  Deseñando horizontes.
LIBRO. ACTAS

Deseñando horizontes.

Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego
Portada de  Entre o Terceiro Reich e os aliados.
LIBRO. ACTAS

Entre o Terceiro Reich e os aliados.

Galicia e a Segunda Guerra Mundial
Portada de  Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario
LIBRO. ACTAS

Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario

Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011
Portada de  Cantares para Rosalía
LIBRO-AUDIO

Cantares para Rosalía

Nove poetas galegas dialogan cos seus versos
Portada de  Galicia 25: unha cultura para un novo século
LIBRO. CATáLOGO

Galicia 25: unha cultura para un novo século

Consello da Cultura Galega 1983-2008
Portada de  Galicia 25: Unha cultura para un novo século
LIBRO. CATáLOGO

Galicia 25: Unha cultura para un novo século

Consello da Cultura Galega 1983-2008
Portada de  Carlos Casares
LIBRO-AUDIO

Carlos Casares

A semente aquecida da palabra

Materiais de Dolores Vilavedra

Documento. Artigo

Darío Xohán Cabana no Diccionario da literatura galega

Vilavedra Fernández, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. I. Autores. Vigo: Galaxia, 1995; 93-95
Documento

Información sobre el El organillo, xornal satírico fundado en 1883 por Pérez Costanti

Vilavedra, Dolores (ed.): «El organillo». En Diccionario da literatura galega. II: publicacións periódicas. Vigo: Galaxia; 362-363.

Dolores Vilavedra nas actividades do CCG

Concerto Arriola

Presentación do "Álbum de Galicia"

Presentación Premio Laudamuco

Galicia 100

Artigos

VILAVEDRA, D. (12/1992) O enterro dunha galiña e outros relatos de Helena Vilar Janeiro. Festa da palabra silenciada. (09), 137-138.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
VILAVEDRA, D. (1994) En salvaxe compaña, de Manuel Rivas. Festa da palabra silenciada. (10), 107-108.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
VILAVEDRA, D. (2001) Non volvas, de Suso de Toro. Festa da palabra silenciada. (16), 110-111.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
VILAVEDRA, D. (2002) Teoría do caos, de Marilar Aleixandre. Festa da palabra silenciada. (17), 77-78.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:

Biobibliografías para o Álbum de Galicia

Xoán González-Millán

O Grove (Pontevedra), / 6/1951 - Nova York, /2002
A luz da razón e o pulo da paixón

Marisa Soto

Silleda, / 12/1955 - Lebosende, /1996
Unha pioneira da escena nos 80