Artur Trillo

----

Artur Trillo


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Artur Trillo


Como actor: Talía Teatro: O rei aborrecido, de Xesús Pisón; Aquí non paga ninguén, de Darío Fó; Gaivotas subterráneas, de Alfonso Vallejo; Ai, Carmela, de José Sanchis Sinisterra; A secreta obscenidade de cada día, de M. A. de la Parra; Marsal Marsal, de José Sanchis Sinisterra; Soños dun seductor, de Woody Allen; Xustiza infinita, de Cándido Pazó; Bicos con lingua, de VV. AA.; Molière final, de Roberto Salgueiro; Esperando a Godot, de Samuel Beckett; E ti, quen vés sendo?, de Cándido Pazó; Volpone, de Roberto Salgueiro; Pelos na lingua, de VV. AA.; O método Grönholm, de Jordi Galcerán; Rosa Caramelo, de Adela Turín; Foucellas, de Cándido Pazó. Centro Dramático Galego (CDG): Xelmírez ou a gloria de Compostela, de Daniel Cortezón; Calígula, de Albert Camus; Ricardo III, de William Shakespeare. Teatro do Atlántico: O encoro, de Connor McPherson. Lagarta Lagarta: As últimas lúas, de Furio Bordon.
Como director: Talía Teatro: O rei aborrecido, de Xesús Pisón; Aquí non paga ninguén, de Darío Fó; O crime de aldea vella, de Bernardo Santareno; TWC, colectiva; Fando e Lis, de Fernando Arrabal; Rezagados, de Ernesto Caballero; Pedro e o capitán, de Mario Benedetti; Soños dun seductor, de Woody Allen; Menos Lobos, de Artur Trillo; Dakota, de Jordi Galcerán; Supermáis, de J. M. Benet i Jornet; Eu así non xogo, de Artur Trillo; O merlo branco, de Cándido Pazó; Quero ser grande, de Artur Trillo; Palabras encadeadas, de Jordi Galcerán; Gaivotas Subterráneas, de Alfonso Vallejo (coprodución RTA, Voz Audiovisual e Talía Teatro); Sopa de sapo, de Artur Trillo. Traslús Teatro: Flores de papel, de Egon Wolf. Berrobambán: Auto, de Ernesto Caballero.
Como autor: Menos Lobos; Eu así non xogo; Quero ser grande; Sopa de sapo.
Outras actividades teatrais: Director da Mostra de Teatro de Cee; monitor de teatro en numerosos cursos; director da Escola Municipal de Teatro de Cee; director da Aula Municipal de Teatro de Carballo; director da Escola Municipal de Teatro de Muxía.
Formación con Albert Boadella, Manuel Lourenzo, Marcos Orsi, Roberto Cordovani, Víctor Mosqueira.

Publicacións nas que participou Artur Trillo

Portada de  Deseñando horizontes.
LIBRO. ACTAS

Deseñando horizontes.

Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego

Artur Trillo nas actividades do CCG

Teatro Amador