Teresa Albuquerque

----

Teresa Albuquerque

1966 Lisboa
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Teresa Albuquerque

1966- Lisboa
Vice-Presidenta do Instituto Internacional Casa de Mateus e membro da Dirección da Fundação da Casa de Mateus. Formouse em Comuicación Social na FSCH da UNL e ten un mestrado en Gestão de Empresas Culturais na Escola de Comércio de Dijon.
Ten unha experiencia profesional que ampla e diversificada marcada polo cruce entre diferentes sectores e abordaxes do medio cultural. Ultimamente dedícase a proxectos transversais con componentes científicas e culturais.
Como adxunta do Gabinete do Secretário de Estado da Cultura, do XIX Governo Constitucional, coordenou un amplo plano de Estudos para avaliar a contribución da cultura para a Estratégia Europa 2020 que foi implementado entre 2013 e 2014.
É experta nacional do grupo do método aberto de coordenação da Comissão Europeia sobre os sectores culturais e criativos desde 2012.
Foi experta independente para avaliación de proxectos candidatos ao Programa Cultura da Agência Europeia para a Educação, Audiovisual e Cultura, durante o septenio 2007-2013, para os programas "Cultura" e "Europa com Cidadãos".
Comisariou, com Alvaro García de Zúñiga e José Luís Ferreira, o ciclo "Ler Dom Quixote" no Teatro Municipal de São Luiz . Foi adxunta para a Cultura no XIII Governo Constitucional (1996-1997) e asesora do Presidente do Instituto do Cinema Audiovisual e Multimedia (1998-1999).
Desenvolveu e coordenou proxectos en áreas como festivais de música, arquivos e bibliotecas dixitais, produción audiovisual e cinematográfica. Editou e coordenou a edición de publicacións impresas e dixitais, concibe e participa en producións teatrais e de arte acústica.

Publicacións nas que participou Teresa Albuquerque

Portada de  Repensar Iberia
LIBRO. ACTAS

Repensar Iberia

Uma reflexão sobre a Europa: Testemunhos de um encontro