José Rovira Collado

----

José Rovira Collado


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de José Rovira Collado


Profesor axudante de Didáctica da Lingua e a Literatura no Departamento de Innovación e Formación da Universitat d'Alacant. Foi profesor de Español como Lingua Estranxeira (ELE) en diversas universidades italianas (Nápoles e Salerno) así como profesor colaborador do Instituto Cervantes. Doutor pola Universitat d'Alacant (2015) coa tese titulada: Literatura infantil y juvenil en Internet. De la Cervantes Virtual a la LIJ 2.0. Herramientas y espacios para su estudio y difusión
Realizou investigacións en distintos campos da Filoloxía e a Didáctica como a Literatura Hispanoamericana, a ensinanza de ELE e a didáctica de segundas linguas, as posibilidades das TIC para a didáctica da lingua e a literatura, a narración gráfica e a literatura infantil e xuvenil (LIJ) en internet, con máis de trinta publicacións entre artigos e capítulos de libro. Desde 2008 é coordinador académico de Unicómic, as xornadas do cómic da Universitat d'Alacant. É administrador do blog Estudiando la LIJ en la Web Social.
Secretario do comité pedagóxico dos MOOC: XarxaMOOC: Introducció al llenguatge d'especialitat en les universitats de llengua catalana e Introducción a la poesía latinoamericana contemporánea. Ejemplos y posibilidades didácticas de la Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.

José Rovira Collado nas actividades do CCG