Biografía de Xosé Gregorio Ferreiro Fente
Profesor de ensino secundario, traballa actualmente como asesor técnico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Participou na redacción e coordinación de proxectos como o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega ou a Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia. Foi profesor colaborador do Instituto de Ciencias da Educación (cursos de aptitude pedagóxica) da USC e do Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado.
Entre 2017 e 2019, foi vicepresidente da Network to Promote Linguistic Diversity, asociación de ámbito europeo con sede en Bruxelas que integran tanto organismos públicos e académicos, como organizacións non gobernamentais que teñen entre os seus fins a promoción das linguas minoritarias.
Paralelamente, é autor de libros, artigos e ensaios sobre temas literarios e a historia da literatura galega.
Publicacións nas que participou Xosé Gregorio Ferreiro Fente
Xosé Gregorio Ferreiro Fente nas actividades do CCG
Biobibliografías para o Álbum de Galicia
Valentín Paz-Andrade
Lérez, Pontevedra, / 4/1898 - Vigo, /1987Galicia, unha tarefa por facer