Jose María Luna

----

Jose María Luna


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Jose María Luna


Licenciado en Filosofía e Letras (Xeografía e Historia, especialidade en Historia da Arte) pola Universidad de Málaga.

Máster en Xestión Cultural pola Universidad de Granada e a Universidad de Sevilla, realizou estudos de doutoramento na Universidad de Málaga e ten formación en Márketing pola Escuela Superior de Estudios de Empresa (ESESA) e en Comunicación pola Escuela de Alta Dirección de Empresa (EADE).

Director da Agencia Pública para la Gestión del Museo Casa Natal Pablo R. Picasso, Centre Pompidou Málaga e Colección del Museo Ruso / Concello de Málaga desde xuño de 2011. Foi director da Fundación Rodríguez-Acosta, de Granada (2003-2009), e da Fundación Museo del Grabado Español Contemporáneo de Marbella (1991-2003 e 2009-2011), e, nos seus comezos, coordinador da Área de Cultura do Concello de Marbella (1991-1995).

Impartiu clases no Máster de Museoloxía da Universidad de Granada, no Máster de Xestión Cultural da Universidad de Granada, no Máster de Xestión de Empresas Culturais e Artísticas da Universidad Antonio de Nebrija, de Madrid, no Máster de Comunicación Cultural da Universidad de Málaga, no Máster de Enxeñaría Cultural da Universidad Europea de Madrid/La Fábrica, na Escuela Superior de Comunicación de Granada e no Instituto Superior de Economía Local da Deputación de Málaga.

Pronunciou numerosas conferencias sobre arte gráfica contemporánea e xestión de institucións culturais; temas sobre os que tamén publicou diversos artigos.
Como comisario interveu en numerosas exposicións ao longo da súa traxectoria, traballando con artistas como Gustavo Torner, Antonio Saura, Guillermo Pérez Villalta, Rafael Canogar, Joan Hernández Pijuan, David de Almeida, Fernando Bellver, José Manuel Cabra de Luna, José Manuel Broto ou Javier de Juan, entre outros.

Jose María Luna nas actividades do CCG

Edición gráfica

Arte + Coleccionismo