Gabriel Pérez-Barreiro

----

Gabriel Pérez-Barreiro

1970 A Coruña
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Gabriel Pérez-Barreiro

1970- A Coruña
Director e curador xefe da Colección Patricia Phelps de Cisneros. De 2002 a 2008 foi curador de arte latinoamericana no Blanton Museum of Art da Universidade de Texas (Austin). En 2007 foi curador xeral da VI Bienal del Mercosur en Porto Alegre, Brasil. É doutor en Historia e Teoría da Arte pola Universidade de Essex (Reino Unido) e máster en historia da arte con estudos latinoamericanos pola Universidade de Aberdeen.
De 2000 a 2002 foi director de artes visuais de The Americas Society, en Nova York. Foi tamén coordinador de exposicións na Casa de América, Madrid. De 1993 a 1998 foi curador fundador da University of Essex Collection of Latin American Art. Outrosí publicou varios libros e artigos sobre historia da arte iberoamericana e pronunciou conferencias en diversas universidades.

Publicacións nas que participou Gabriel Pérez-Barreiro

Gabriel Pérez-Barreiro nas actividades do CCG

Arte + Coleccionismo