Carlos Urroz

----

Carlos Urroz

1966 Madrid
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Carlos Urroz

1966- Madrid
Director de ARCOmadrid, feira internacional de arte contemporáneo, dedicada a crear un mercado para a arte actual no noso país, desde 2011. Entre as súas achegas a este proxecto está a vinculación con Latinoamérica a través da sección dedicada a stands dun único artista (solo projects), a nova sección para galerías novas (opening) e os Encuentros profesionales ARCO, o novo formato de actividade vinculada á feira reservada a expertos nos distintos campos e que achegou anualmente a Madrid máis de 100 directores de museos, bienais e profesionais.

Así mesmo, en 2011 puxo en marcha o festival afterARCO, que aglutina toda unha serie de actividades expositivas e escénicas que teñen lugar na cidade nos mesmos días que a feira. É vogal nato da Fundación ARCO, na que propuxo novas actividades como os gallery walks, destinados a organizar visitas ás galerías de arte contemporánea, e o almuerzo Plataforma Fundación ARCO, co que anualmente se recadan fondos para a adquisición de obra durante a feira.

En 2005 e ata 2011, crea e dirixe Urroz Proyectos (UP), empresa destinada a idear e implementar proxectos no ámbito da organización e comunicación cultural que colabora coa Fundación Loewe, Bienal de Canarias, Sociedad Estatal para a Acción Cultural en el Exterior (SEACEX), Thyssen-Bornemisza Art Contemporary, Región de Murcia…, cargo que simultanea con outros postos en institucións como asesor de artes plásticas da Comunidade de Madrid ou membro do comité de programación da Fundación ICO.

Entre 1998 e 2006 é director da Galería Helga de Alvear, onde traballa con importantes artistas internacionais, así como coa colección Helga de Alvear, xerme do actual centro de arte do mesmo nome, sito na cidade de Cáceres. Anteriormente traballou en catro edicións como director adxunto de ARCO, dirixida daquela por Rosina Gómez-Baeza.

Carlos Urroz é letrado asesor de empresas (ICADE E-1 Universidad Pontificia Comillas), formación que completou con cursos de NYU (New York University ) e Harvard University así como co estudo de linguas vivas como o inglés, francés, italiano ou alemán.

Publicacións nas que participou Carlos Urroz

Carlos Urroz nas actividades do CCG

Arte + Coleccionismo