Natalia González Devesa

----

Natalia González Devesa


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Natalia González Devesa


Formación regrada: Técnica en Artes Aplicadas na especialidade de Deseño Gráfico (1997), Escola de Arte Antonio Faílde (Ourense); Técnica Superior na especialidade de Gráfica Publicitaria (2004), Escola de Arte Antonio Faílde; Técnica Superior en Fotografía (2015), Escola de Arte Antonio Faílde.
Formación non-regrada: “Deseño gráfico asistido por ordenador”, 160 horas, Academia Delta PC, Ourense (1996); “A paisaxe artizada”, 30 horas, dirixida polo recoñecido fotógrafo Manuel Vilariño, Centro de Estudios Oterianos en Trasalba, Ourense (novembro, 2003); “Deseño gráfico e retoque fotográfico”, 72 horas, Centro Multimedia de Galicia (febreiro e marzo, 2006); “Deseño web e multimedia”, 370 horas, ACO-Ourense (xullo-outubro, 2007); “VII Seminario de Fotografia y Periodismo”, Fundación Santa María de Albarracín-Teruel (20-23 de outubro, 2007); Masterclass “Looking for light” impartido por Simon Norfolk, Macuf, A Coruña (3-6 de outubro, 2012).
Experiencia profesional: Reporteira gráfica (1999-2003), La Región; Formadora de fotografía, 350 horas, “Iniciación á fotografía”, FORGA-Ourense (abril-maio, 2004); “Iniciación a Photoshop e Powerpoint”, FORGA-Vigo (maio-xuño, 2005); “Técnicas de Fotografia” na FORGA-Vigo (2006-2007); Formadora de deseño gráfico, 360 horas, “Técnico auxiliar de Deseño Gráfico” na FORGA-Vigo (maio-xullo 2005, maio-xuño 2006); Técnica de fotografía e integrante no equipo do proxecto “Faro da Humanidade da Torre de Hércules” (maio-xullo, 2008); Formadora “Iniciación a Photoshop” na Academia Rúa Nova-Ourense (xullo-agosto, 2010); Fotógrafa en Adolfo Domínguez (novembro, 2009-marzo, 2010); Dependenta e axudante de fotografía con María Prada Fotografía (verán, 2010-verán, 2012); Formadora dos cursos Aulas de Igualdade do CIMM de Ourense (2013-2015).
Exposicións individuais e colectivas: Cuba, Ourense (1997); Mareas negras, Ourense (2003); Marcha mundial das mulheres 2000-2004, Ourense (2004); 25 novembro, contra a violencia de xénero, Poio (2006); 1º Premio Certame Fotográfico Aturuxo e Quérote, Compostela (2007); Petrografias, Pedra, papel e…: Fotografía e escultura, Vilar, Portugal (2007), Leiro (2008), Ourense (2008); Palabra en movemento, exposición multidisciplinar itinerante (2009); Dona interior-Outono Fotográfico, Ourense e Lalín (2009); Noite de ronda-Outono Fotográfico, Ourense (2009 a 2012); Premio a autora local do Concurso de Fotografía sobre Lactancia Materna, Concello de Ourense (2011).

Natalia González Devesa nas actividades do CCG