Domingo Bello Janeiro

----

Domingo Bello Janeiro

1963
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Domingo Bello Janeiro

1963-
É licenciado con premio extraordinario fin de carreira e doutor en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático de Dereito Civil na Universidade da Coruña.

É vogal do premio da Comisión Superior para o Estudo do Desenvolvemento do Dereito Civil Galego e membro numerario da Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Así mesmo é autor de varios libros como La sociedad de gananciales, El retracto, El precario, La propiedad forestal, Los arrendamientos urbanos ou Responsabilidad médica. Participou en máis de medio centenar de libros colectivos e publicou máis de cento cincuenta artigos científicos nas máis prestixiosas revistas xurídicas nacionais e internacionais, de moitas delas forma parte dos seus consellos de redacción.

Foi o representante español en dúas investigacións financiadas pola Unión Europea e lideradas polo Centro de Dereito de Consumo da Universidade de Louvain-La Neuve sobre a Protección dos consumidores en materia de telemática e a Seguridade xeral dos produtos na Unión Europea.

Está en posesión da Cruz de San Raimundo de Peñafort, por Orde do Ministerio de Xustiza, e da Encomenda da Orde Civil de Alfonso X o Sabio, por Orde do Ministerio de Educación.

Boa parte da súa obra foi traducida para o ruso polo Centro de Dereito Privado Adxunto á Presidencia de Rusia.

Publicacións nas que participou Domingo Bello Janeiro

Portada de  Actas dos IV Encontros pola Normalización Lingüística
LIBRO. ACTAS

Actas dos IV Encontros pola Normalización Lingüística

(9 e 10 de novembro de 2000)
Portada de  Actas dos III Encontros para a Normalización Lingüística
LIBRO. ACTAS

Actas dos III Encontros para a Normalización Lingüística

28 e 29 de outubro de 1999