Cristina Sánchez-Carretero

----

Cristina Sánchez-Carretero

A Coruña
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Cristina Sánchez-Carretero

A Coruña
Vicedirectora e científica titular do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), onde coordina a especialidade de Antropoloxía. E presidenta da Asociación de Antropología del Estado Español (ASAEE) e forma parte da Sección de Patrimonlo e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega. Formouse como antropóloga e realizou o doutoramento na Universidade de Pensilvania.

A súa investigación céntrase nos procesos de patrimonialización nas sociedades contemporánias, no tema de conflito e patrimonio e no estudo de novos rituais e novos patrimonios.

Entre os seus libros destacan: El imperativo de la partícipación en gestión patrimonial (Madrid, CSIC, 2019), Herítage, Pilgrimage and the Camino to Finisterre: Walking to the End of the World (Ámsterdam, Springer, 2015), Grassroots Memorials. The Politics of Memorializing Traumatic Death (Oxford, Berghahn, 2011, editado xunto con Peter Jan Margry) ou El archivo del duelo. Análisis de la respuesta ciudadana ante los atentados del 11 de marzo en Madrid (Madrid, CSIC, 2011).

Publicacións nas que participou Cristina Sánchez-Carretero

Portada de  Foro Patrimonio e Sociedade
LIBRO

Foro Patrimonio e Sociedade

Guía práctica para a análise dun sector clave na gobernanza do futuro 2019-2021