Oscar Valado Domínguez

----

Oscar Valado Domínguez


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Oscar Valado Domínguez


Director do Departamento de Música Sacra da Arquidiocese de Santiago.


Sacerdote da arquidiocese de Santiago de Compostela, obtivo o grao de doutor en Teoloxía na Pontificia Università Lateranense de Roma coa tese "La música como porta fidei en la conversión de Manuel García Morente". Nesta mesma cidade realizou estudos de Liturxia na Pontificia Università della Santa Croce e ampliou a súa formación musical no Pontificio Istituto di Musica Sacra. Na actualidade, é administrador de dúas parroquias, profesor estable do Instituto Superior Compostelán de Ciencias Relixiosas, director do Departamento Diocesano de Música Sacra e, desde xaneiro de 2017, responsable do Departamento de Música da Conferencia Episcopal Española.


No ámbito organístico, ademais do seu interese pola interpretación, é director do Ciclo de Órgano Cantantibus Organis, profesor do Curso Nacional de Organistas Litúrgicos con sede en Valladolid, que este ano celebra a súa décima edición, e responsable da recente publicación do catálogo sobre os órganos na arquidiocese de Santiago.


 

Oscar Valado Domínguez nas actividades do CCG