Cristina Pato

----

Cristina Pato

1980 Ourense
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Cristina Pato

1980- Ourense
Cristina Pato é unha mestra gaiteira, pianista clásica e educadora apaixonada. Aclamada como “unha virtuosa explosión de enerxía” polo The New York Times, a su?a vida profesional está adicada ao intercambio cultural e a forxar novos camiños para a Gaita Galega. Cristina ten actuado en grandes escenarios de todo o mundo e ten lanzado e producido seis discos como gaiteira solista e dous como pianista, e colaborado en ma?is de 40 gravacións como artista invitada.
A educación xoga un papel esencial na vida persoal e profesional de Cristina. Traballa como Asesora de Educación de Silkroad (fundado por Yo-Yo Ma), e como artista residente en varias universidades, incluíndo Harvard e a Universidade de California Santa Barbara, onde desenvolve proxectos educativos interdisciplinares sobre o papel das artes na sociedade. E? a fundadora do festival multidisciplinar Galician Connection, e escribe unha columna semanal para o diario La Voz de Galicia.
Activa intérprete, conferenciante e oradora pública, Cristina posúe un Doutorado en Musical Arts pola Rutgers University (EUA) os títulos superiores de Piano, Teoría da Música e Música de Cámara polo Conservatorio de Musica do Liceu, e un Master en Artes Dixitais (Música Dixital) da Universitat Pompeu Fabra. Cristina está preparando o seu segundo doutoramento en Estudos Culturais, e é a co-creadora dunha pioneira clase sobre Memoria xunto co neurocientífico Dr. Kenneth Kosik.
Durante o curso 2019-2020, Cristina Pato ocupa a Ca?tedra de Cultura e Civilización Española do Centro Rei Juan Carlos I da Universidade de Nova York (NYU).

Cristina Pato nas actividades do CCG