Biografía de Manuel F. Vieites
1965- Lorbé (Oleiros, A Coruña)Licenciado en Filoloxía e doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor e director da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia desde 2005, ano da súa creación, e docente da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo, en Ourense, na área de Teoría e Historia da Educación, desde 2010. Forma parte de Nova Escola Galega e da Sociedade Española de Historia da Educación.
Publicou traballos sobre educación e animación teatral en revistas arbitradas como Revista Española de Pedagogía, Teoría de la Educación, Foro de Educación, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, Historia y Memoria de la Educación, Revista Complutense de Educación ou Cuadernos de Trabajo Social. Igualmente e desde maio de 2019 é o director de ADE/Teatro, revista da Asociación de Directores de Escena de España.
Publicacións nas que participou Manuel F. Vieites
LIBRO. ACTAS
Deseñando horizontes.
Situación actual, orixe e planificación do futuro do teatro galego
LIBRO
As artes escénicas en Galicia
Situación e perspectivas
LIBRO. ACTAS
Galicia e a residencia teatral: compañías residentes e regularización do tecido teatral
Actas do Encontro celebrado en Santiago de Compostela o 28 e 29 de maio de 1999
LIBRO